18/3/24
Vai collendo forma!
30/1/24
Día da paz. Bandeiras brancas para a infancia
Este ano polo día da Paz, centros da Microrrede de bibliotecas da Mariña izamos bandeiras brancas para a infancia. Unha iniciativa promovida por UNICEF e que abordamos nas aulas. A bandeira branca é un símbolo cultural e universalmente recoñecido de tregua e negocación pacífica e a súa importancia radica no seu valor como instrumento para favorecer a escoita, establecer acordos e “facer as paces”. O uso da bandeira branca é, á súa vez, unha oferta e unha petición de confianza: quenes a usan, compremétense a non atacar e confían en non ser atacados. É dicir, este símbolo é tan poderoso, porque sen confianza, non habería unha paz duradeira.
Algunhas das iniciativas propostas son as seguintes:
- A EOI de Viveiro izou a súa bandeira creando role playing co seu alumnado con casos de resolución de conflictos ( en inglés, francés, italiano e alemán).
- O IES Vilar Ponte crea grúas da paz no taller de Origami da Biblioteca. Dende os departamentos de lingua e literatura participarán coa creación de haikus sobre a Paz e dende as titorias faran bandeiras pola Paz.
- No CEIP de Celeiro optamos por un obradoiro de cores. Cores pola Paz. O voluntariado de Biblio, creou un mural representativo cheo de corazóns de paz e q posteriormente, deixarémolo enmarcado nunha chapa feita dentro da Aula de Polos.
- Dende CEIP de Cervo faremos a actividade “Chios pola Paz” os cales pegaremos nunha bandeira branca que poñeremos no patio interior!
- No San Roque a actividade traballamos diferentes simbolos da Paz , cos que faremos o luns un mural,e a bandeira branca como a máis importante e necesaria nestes momentos. Izaremos a bandeira branca e encheremos o centro de bandeoras brancas como símbolo da necesidade dun "ALTO EL FUEGO" no mundo.
- No CEIP Península da Paz, faise como actividade da Paz facemos Xogos cooperativos pola Paz, xa que o noso proxecto vai dos xogos e despois facemos un tipo scrabble.
- No CEIP de Ferreira do Valadouro fixemos bandeiras brancas decoradas cada un na sua clase ao seu xeito. Esas Bandeiras imolas colocar ao Redor do colexio ao Redor no muro e colgadas con pinzas.
- No Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz fixemos un mural dos símbolos da paz e o seu significado. Cada nivel tiña un símbolo repartido polo equipo de biblioteca e teñen que decoralo e escribir o seu significado. Participa todo o cole infantil e primaria. Fixemos cada neno/ a a súa bandeira branca e as imos a colocar polas diferentes estancias do centro. Na farola que está diante do cole poremos unha bandeira grande e no mástil provisional q temos outra. Cada curso baixará a visualizar o mural conxunto o martes.
- No C.E.P Lois Tobio cada nivel fai a súa bandeira co seu símbolo e vamos colgalas nas verxas de fora para que se vexan desde o paseo marítimo,tamén ese día da paz temos a carreira solidaria e levaremos uns minis banderíns para animar
- Na E.E.I. San Roque fíxose un Obradoiro de bandeiras brancas da paz. Mañá extendéremolas polo cole para visibilizar a petición da necesidade dun "alto el fuego" no mundo.
12/12/23
Segundo traballo colaborativo da Microrrede
O martes, 12 de Decembro, reunímonos integrantes da Microrrede A Mariña para continuar o proxecto da Microrrede.
Tralo éxito do primeiro traballo colaborativo realizado entre as bibliotecas de A Mariña ( conto colaborativo do 2023), este ano, decidímos apostar por unha nova edición.
Esta nova aposta, que ven cargada dun traballo grupal, coordinado e xestionado polas e polos encargados das bibliotecas escolares, que terá unha forma e unha temática completamente diferente á do ano anterior.
Nesta xuntaza, acordamos cómo se dividiría o traballo, en qué consistiría e qué materiais empregaríamos para levalo acabo.
En Marzo teremos outra reunión para saber cómo vai o proxecto colaborativo e máis a exposición do traballo individual.
Moito ánimo e saúde!
7/11/23
Explorando o noveno arte, comezamos un ano máis!
A reunión realizada de forma presencial, realizouse en primeiro lugar para facer unha achega aos novos e novas integrantes, así como guiar o proceso de construción do novo proxecto.
O obxectivo central desta nova edición é aportar dinamismo e potenciar o lema do 2023-2024 das bibliotecas escolares: unha biblioteca escolar en viñetas. Poñendo así o foco en todas as posiblidades que nos ofrece a banda deseñada tanto no disfrute do lector como na aprendizaxe curricular en todas as etapas educativas.
Así pois, este curso, o obxectivo da microrrede é poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación.
Uniremos esta idea, á par que os nosos centros, como levamos facendo tantos anos. Cada centro poderá adaptar este obxectivo ao seu PDI ou a outros proxectos.
Acordamos tamén o formato de presentación da exposición conxunta, as datas da mesma e de outras tarefas internas que se incluirán dentro do proxecto.
No vindeiro trimestre teremos máis reunións, na que actualizaremos o proceso de creación e ultimaremos todos os detalles polo miúdo.
Moito ánimo e saúde!
11/5/23
Acto de Clausura da exposición EscribirARTE na Mariña
Clausuraron a xornada de hoxe as compañeiras Paula do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove e María do CEIP O Vicedo con duas representantes do alumnado excepcionais chamadas Noa e Nora que exemplifican á perfección o espírito desta exposición.
Acompañaron o acto o cuarteto de clarinetes do Conservatorio de Viveiro.
Mención especial ás compañeiras que levan 12 anos de traballo na Microrrede: María Rolle e Marta Pérez.
Accede ao albúm de fotos aquí.
Representación teatral a cargo do IES Alfoz-Valadouro
10/5/23
Dinamización a cargo da EEI San Roque
9/5/23
Dinamización a cargo do coro CEP Lois Tobío
Na xornada de hoxe, o coro do Lois Tobío encheu de música a sala da exposición e amenizou a tarde cunha actuación espectacular.
Parabéns pola actuación e polo bo facer. Parabéns tamén ao seu profesor Iván.
A exposición da Microrrede " EscribirArte na Mariña na prensa
Inauguración da exposición " EscribirArte na Mariña "
Este Luns inauguramos a exposición
Na tarde do luns, 8 de maio, realizamos o acto inaugural da Exposición Conxunta "Escribir ARTE na Mariña ".
Nesta ocasión, acompáñanos no acto de inauguración Dª María Loureiro García, alcaldesa do Concello de Viveiro, Dª María José Gómez Rodríguez, xefa territorial de Educación en Lugo, Carmen Areán Vázquez do Servicio territorial de Inspección educativa de Lugo. Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, estivo connosco Dª Beatriz González Blanco, asesora da Zona Norte. Representantes dos equipos directivos dos centros educativos participantes e as coordinadoras/es dos proxectos. Facendo a función de Mestres de Cerimonias Marcos e Ana, coordinadores das bibliotecas do IES María Sarmiento e do IES Vilar Ponte respectivamente; con gran ilusión e abrumados pola gran acollida, demos por inaugurada a duodécima convocatoria da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA.
Nesta primeira xornada contamos con Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense, falou da súa última obra de banda deseñada VIVEIRO 1810, AUGAS MORTAIS e presentounos o seu próximo traballo.
Tivemos tamén a actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
5/5/23
Montando a exposición "EscribirARTE na Mariña"
2/5/23
Convite e Programa EscribirARTE na Mariña
A exposición conta con 16 cadros, un por cada biblioteca da Microrrede, e dun conto artístico colaborativo. Poderá verse no salón multiusos do Concello de Viveiro de 18h a 20h do 8 ao 11 de maio.
As obras que aí se presentan plasman a alma dos proxectos de centro. Novamente será a mestura de estilos tanto narrativos como artísticos e de moita creatividade.
- Discurso inaugural.
- Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense, falará da súa última obra de banda deseñada VIVEIRO 1810, AUGAS MORTAIS e presentaranos o seu próximo traballo.
- Actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
- Actividade dinamizadora do CEP Lois Tobío de Viveiro: - o Coro do CEP Lois Tobío
- Actividade dinamizadora da EEI San Roque de Viveiro: - Representación de monicreques : Cocorico
- Actividade dinamizadora do IES Alfoz-Valadouro : - Representación de monicreques : Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?
- Discurso de clausura.
- Actuación musical do cuarteto de clarinete do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
- EEI SAN ROQUE (Viveiro) : "Camiñando en familia", Arte coas palabras que camiñan xunto coas nosas familias cada día.
- CEP LOIS TOBÍO (Viveiro) : "Ás para crear", Recollida de información de aves da contorna.
- CEIP de CELEIRO (Celeiro-Viveiro) : "Celeiro, arte e poesía", As catro estacións con pura arte.
- CEIP Plurilingüe de COVAS (Covas-Viveiro) : "D-escribindo a Natureza", Covas achégase á experiencia innata da Biofilia.
- CEIP Plurilingüe SANTA RITA (Galdo-Viveiro) : "Unha carta para a muller da túa vida", A arte da correspondencia manuscrita.
- CEIP O VICEDO: "O Vicedo emocional"
- CEIP Plurilingüe PEDRO CASELLES ROLLÁN (Xove) : "Arquitectura para vivir", Vivendas polo mundo.
- CEIP de CERVO (Cervo) : "Museo das Letras"
- CEIP Península da Paz (San Cibrao): "Unidos pola Península Da Paz: recunchos e encantos da nosa vila."
- CEIP Plurilingüe VISTA ALEGRE (Burela) : "Abre as portas da biodiversidade", flora e fauna que vive preto dos ríos e outras zonas de auga doce.
- IES MARÍA SARMIENTO (Viveiro) : "Deconstrución artística", Reproducións de obras de artistas galegos reinterpretadas polo alumnado do centro.
- IES VILAR PONTE (Viveiro) : "Illic et nunc: O ocio da Roma Antiga cun enfoque moderno. "
- IES ILLA DE SARÓN (XOVE) : "Arte para beber", Sorbos de lectura elaborados polo alumnado de PDC e dos grupos flexibles do centro.
- IES ALFOZ VALADOURO: "Verbas no tempo", Dicionario ilustrado de palabras esquecidas da lingua galega.
- IES MONTE CASTELO (Burela) : "EscribirArte. Mensaxes para derribar fronteiras"
- IES PERDOURO (Burela) : "Latexos Verbais", Dar vida ás palabras de emocións positivas.
- Conto colaborativo entre 17 bibliotecas PLAMBE da Mariña: "Rulando unha historia"
28/4/23
Cartel -EscribirARTE na Mariña
20/4/23
Xuntanza da microrrede previa á exposición
Na tarde do martes, 18 de abril, compoñentes da Microrrede, reunímonos para ultimar todos os preparativos necesarios para a realización da exposición conxunta do proxecto deste curso: EscribirARTE na Mariña.
Cada centro presentará un "cadro artístico" que se exporá no Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro, durante a semana do 8 ao 11 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Esta exposición tamén se poderá realizar noutros Concellos da Mariña.
Na tarde de onte tamén acordamos os diferentes actos que acompañarán á Exposición e que se recollerán nun programa que será divulgado a través das comunidades educativas de cada centro.
- Inauguración e Clausura coas autoridades que nos acompañan ano a ano.
- Actividades dinamizadoras:
- Con escritores recoñecidos.
- Participación do Conservatorio de Música de Viveiro
- Os centro educativos tamén serán protagonistas en cada xornada da exposición con diversas actuacións musicais, de representación, dramatización, contacontos,...
É moita a ilusión posta neste proxecto, cunha novidade este ano, un traballo que se fixo con moto cariño e foi rotando de centro a centro para que o día da exposición o poidades disfrutar en conxunto. Que ganas de que o vexades!
Seguimos a traballar nos centros para rematar todas as actividades de cada un dos proxectos que seguro serán moi creativos e vistosos.
31/3/23
Encontros dos centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2022-2023
Un espazo de encontro no que escribir as bibliotecas escolares de Galicia.
Dentro destas intervencións atopamos as figuras de dúas das nosas compañeiras da Microrrede de A Mariña:
Eva, do IES Alfoz-Valadouro participou, na xornada de inauguración nun Coloquio de boas prácticas.
Eva, sentada no medio do Coloquio |
Por outra banda, Karina, do IES Perdouro, de Burela, relatora dunha das charlas da xornada sobre o traballo por proxectos.
Robots do traballo por proxectos presentado por Karina |
Karina, sentada á dereita na intervención |
Foi unha xornada onde puidemos xuntarnos toda a microrrede, ata no almorzo.
Parte da Microrrede no almorzo da xornada. |
Programa completo dos Encontros.
16/11/22
3 Centros da microrrede resultan GAÑADORES do VIII concurso de traballo por proxectos!
13/11/22
Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia do 2022
25/10/22
A microrrede escribe unha nova folla de ruta: Comezamos!
A reunión realizada tanto por vía telemática como presencial, realizouse en primeiro lugar para facer unha achega aos novos e novas integrantes, así como guiar o proceso de construción do novo proxecto.
Acordamos tamén o formato de presentación da exposición conxunta, as datas da mesma e de outras tarefas internas que se incluirán dentro do proxecto.
No vindeiro trimestre teremos outra reunión na que actualizaremos o proceso de creación e ultimaremos todos os detalles polo miúdo.
Moito ánimo e saúde!